A MASONEIRÍA ENTRE EL NAVIA Y EL EO, en lengua del Occidente astur

image

Nos anos corenta del siglo pasao ser masón en España era el pior dos pecaos posibles y el réxime oficial hasta yes botaba a culpa de crucificar a Cristo. Ese aire sacreto y conspirativo col que sempre pintaron as sociedades masónicas quedóu ben caltrido na nosa mentalidá colectiva. Peró, como ben nos diz el autor d’este artículo, nun hai nada como os datos históricos pra botar lluz sobre as solombras y as invencióis. Víctor Guerra, nembro del Instituto de Estudios Históricos de la Masonería Española (cehme), é especialista nestas cuestióis en Asturias y sobre ellas ten escrito abondos llibros y artículos. Esta é a primeira parte del sou achegamento a un tema desconocido na nosa zona... y ben interesante.

El lliberalismo que recorréu terras y venas de muitos homes del occidente asturiano, botóu a semente pra que s’asentara nellas el ideario masónico que xa encontrara sito en búa parte d’Inglaterra y Europa. En Asturias, na primeira metá del s. XIX, temos dalgúas figuras que tán claramente vinculadas cua masoneiría. Entre ellas podemos destacar al xeneral Rafael del Riego —que según nota del Gran Conseyo Federal Simbólico del Supremo Conseyo del Grao 33, foi Gran Maestre entre 1821 y 1822—, a Agustín Argüelles —que tamén parez como tal en 1823— y, como alto dignatario masónico, al somedano Flórez Estrada.

Ta ben empezar nese punto —unde sabemos qu’a invención y a charlataneiría quedan na porta— pra poder ver con clarencia algo que sempre tuvo na solombra peró que mui poucas veces foi un sacreto como tal, a lo menos pr’aquellos qu’eran buscadores fieles de valores como «a tolerancia, a libertá y a fraternidá», valores qu’a masoneiría ten como base de trabayo. Peró primeiro tíamos qu’esplicar ¿qué é, al cabo, el trabayo masónico? Esto é el que nos esplica el Gran Oriente Español nun dos sous folletos:

«A Francmasoneiría é úa fraternidá que xunta a os sous nembros con un vínculo d’harmonía, verdá y amor fraternal. Peró, ademáis de ser úa fraternidá, a francmasoneiría coye el llabor d’enseñar y inculcar nos sous nembros os valores de rectitú y responsabilidá personal y miyorar el carácter moral d’úa persona y, a través d’éste, miyorar a Humanidá. Ese llabor failo cua realización dos rituales propios de cada grao, qu’exerce a súa acción pedagóxica d’un xeito dramatizao. É un movemento del espírito dentro del que tein acoyida todas as tendencias y conviccióis favorables á miyora moral y material del xénero humano. A Francmasoneiría nun se fai órgano de ningúa tendencia política ou social determinada. A súa misión é a d’estudiar desinteresadamente todos os problemas que concernen á vida da humanidá pra fer a súa vida máis fraternal. A Francmasoneiría declara reconocer por base del sou trabayo un principio superior y ideal que se conoz xeneralmente pola denominación de Gran Arquitecto del Universo. Nun aconseya nin lluita contra ningúa convicción relixosa y amez que nin pode, nin ten, nin quer poñer fronteiras con afirmacióis dogmáticas sobre a Causa Suprema ás posibilidades de investigación llibre da verdad».

Poderíamos dicir qu’a masoneiría é úa “actividá” d’esclarecemento permanente por medio d’un método que desarrolla a introspección, a especulación simbólica y a profundización non solo personal y individual, senón tamén naquellos temas qu’esmolen al home. Toda esa reflesión y debate faise alredor d’un espacio que se chama templo, taller ou loxa[1]. Ese xuntoiro d’homes que tein un mesmo sentir frente a ellos mesmos y frente á sociedá, con úa perspectiva peculiar en conto al trabayo personal y social, é a que fexo nacer un tipo d’organización ou sociabilidá —en Asturias, sobre todo a partir del último tercio del s. XIX— que se define, siguindo os métodos que xa mencionamos, como loxa masónica.

A masoneiría entra en Asturias da mao d’obreiros franceses y d’emigrantes que train hasta as nosas terras a idea masónica que, gracias a semente lliberal que xa nombramos, vai atopar un bon sito pral establecemento de talleres masónicos. Anque al empezo s’asentan, como era d’esperar, nas ciudades grandes como Xixón ou Uviéu, col tempo a semente vai estendéndose polas alas territoriales asturianas. Hai que dicir qu’a medría foi muito máis ruía y deuse igual tanto nel oriente como nel occidente asturiano. Esta última parte d’Asturias conocéu nel s. XIX loxas nos conceyos de Valdés y Navia, y úa mui pequena, un pouco máis llonxe d’estos sitos y d’estos tempos, nel s. XX, en Grandas de Salime: Amor y Trabajo, que lidera el grao 18º de Rito Escocés Antiguo y Aceptao (R:.E:.A:.A:.)[2], José Naveiras Pastur.

Nun se tía que falar da masoneiría entre el Navia y el Eo sin antias nombrar outros proyectos masónicos que se deron al pé y que tuveron muita influencia na zona. Por exemplo, en novembre de 1882, el Capítulo Provincial d’Asturias mandaba un informe favorable al Gran Oriente Nacional de España[3] pra que se ye concedera a un taller qu’había tar nos valles de L.luarca a carta constitutiva ou patente col título distintivo d’Estrella Benéfica n° 169. D’este taller quedaron ben poucas noticias. Us meses máis tarde, en xeneiro de 1883, fúndase outra loxa al aveiro del Gran Oriente de España, que lleva por título distintivo el de Luz de Luarca n° 236; axina paran os sous trabayos masónicos, porque seguro qu’el ambiente social unde fían el llabor nun era el máis gracioso, anque eso nun los botóu pr’atrás y volveron poñer en pé el taller en setembre de 1888. Quen vai ser el cabezaleiro d’ese taller é el abogao y llibrepensador lluarqués César Álvarez Cascos, que coye condo empeza como activo francmasón el alcuño simbólico de “Fulton” y que manda como Venerable —querse dicir, como presidente da loxa— el treito d’esta segunda singladura que vai dende 1888 hasta 1891. El resto de taller compóinlo sete nembros máis unde destacan el industrial Enrique Arias Viña, el propietario Juan Fernández Longa, ou os ermaos González Álvarez.

En L.luarca volve “llevantar as columnas” outro taller, concretamente en agosto de 1891. Por título, tres de ben sesióis preparatorias prá fundación, presentáronye al Gran Oriente Español el del gran patricio xixonés vinculao col occidente asturiano, “Jovellanos”, y puxéronye el nº 128. As dignidades que rixen ese taller son Camilo Navarrete Melín, grao 30° da masoneiría y militar retirao, que exerce como Venerable, y al que vai sustituir F. Navarro de la Linde, tamén militar; Ramón Asenjo, grao 18° y propietario qu’exerce como y 2° Vixilante, que son os oficiales encargaos dentro del taller masón dos Aprendices y Compañeiros masóis.

Us anos antias —y polo tanto marcando a llinia qu’había que siguir— temos que na mesma veira del Río Navia, en xeneiro de 1879, y acoyidos al Gran Oriente Nacional de España, llevanta columnas a loxa Antorcha Civilizadora, que la compóin nun primeiro momento decisete nembros mui variaos tanto na orixe como na súa actividá profesional. Seis eran del Espín, cuatro da villa de Navia, dous d’Anlleo, dous de L.luarca y os outros era d’Ortigueira, A Caridá, Bual, Samiguel d’Eiros y Pontevedra.

NEMBROS DA LOXA ANTORCHA CIVILIZADORA DE NAVIA (1879-
1888)

NOME ALCUÑO SIMBÓLICO
CARGO NA LOXA
PROFESIÓN
Demetrio Abello Pardiñas Esperto Maquinista
José Alonso Narciández Saladino 1º Vixilante Telegrafista
Francisco Bárzana Castaños Escribinte
Francisco Casariego
Garibaldi
Carpinteiro
Manuel Cortés Espartero Sacretario Cuntable
Domingo F. Santa Eulalia Platón Bibliotecario Propietario
Manuel Fernández Churruca Carpinteiro
Rafael Fernández Calzada
Viriato
Venerable Notario
Manuel Fernández Pérez Pompeyo M. Ceremonias Perito Agrimensor
Pedro Fernández Pumariega Palafox 1º Diácono Axudante Inxenieiro
Eugenio G. Manso Franklin 2º Vixilante (1882) Médico
Casto Lavandera Colón Orador Axudante Maquinista
Bernabé Leirana Pavía Aspirante a Notario
Carlos Marqués Pelayo Xefe d’estación de telégrafos
Fernando Méndez Lara Carpinteiro de ribeira
Fructuoso Méndez Victor Hugo Guarda Templo Carpinteiro de ribeira
José Méndez
Covadonga
2º Diácono Propietario
Agustín Pérez Villamil Cervantes Propietario
Santiago S. Del Campo Velarde Cerruyeiro
Alonso Seves Pizarro 2º Vixilante Propietario


Úa das cuestióis que chama el atención d’este cuadro de masóis é que, condo coyen el alcuño simbólico, os máis d’ellos fain mención a militares ou grandes personaxes, mentres que noutras loxas vén habendo máis diversidá nos nomes que se coyen condo s’empeza na masoneiría.

Podemos falar máis a fondo de dúas das personas que perteneceron a este taller: José Alonso Narciández y Rafael Fernández Calzada.

José Alonso Narciández ve a lluz masónica na súa iniciación como francmasón[4] el 23 de mayo de 1877 en Uviéu, dentro da loxa Luz Ovetense. Nel sou taller propón pra iniciar al que había ser el sou xefe de Telegrafía en L.luarca, el profano y máis tarde xa francmasón Carlos Márquez. Máis alantre entrambos pasan a formar parte da loxa Antorcha Civilizadora. El taller amáñanlo varios nembros, entre os que ta José Alonso acupando el cargo de 1º Vixilante, qu’exerce dous anos (1880-82), constituíndose nel asistente lleal del infatigable Venerable Maestro Fernández Calzada. El taller sufríu dalgúas crisis hasta que lo desamañóu, como imos ver, un tal Juan Manrique.

Pode qu’el personaxe máis importante pola súa proyección y empeño é el naviego Rafael Fernández Calzada. Despóis de non poucos trabayos tres de pasar pola loxa Luz Ovetense en 1877, é quen a amañar este outro taller na súa terra d’orixe. Na loxa d’Uviéu convivíu con Ramón Álvarez Buylla, os ermaos Pumares y con Fermín Canella que, na morte del sou amigo el 14 de febreiro de 1910, ye dedicóu úa introducción ben llarga nel llibro de semblanzas qu’a súa familia fora compoñendo a base de recoyer aquí y alló noticias y recordos das andanzas d’este naviego notable.

Rafael Fernández Calzada veu al mundo en 1821 nel llugar de Talarén (Navia). Despóis d’estudiar Lleis na Universidá d’Uviéu, incorpórase al mundo notarial como titular en 1848. Rafael —igual qu’outros muitos ermaos masóis asturianos y peninsulares— militóu activamente nel Partido Republicano Federal que lideraba outro conocido y supuesto, del que Ferrer Benimeli, nos dice que no fue masón, Pi y Margall. Os siguidores del republicanismo tuveron en Xixón un períódico, El Porvenir de Gijón, que yes valía d’órgano de espresión y unde encontramos masóis ben activos como Tapia Segade, Moreno Barcia ou Pérez Costales, del outro llao del Eo.

El ermao Viriato —qu’ese era el sou alcuño simbólico— ha ter que trabayar duro pra poñer en marcha el sou proyecto masónico, recuperando ermaos d’outros proyectos y d’outras loxas, y iniciando máis profanos, peró, como nos diz a profesora Victoria Hidalgo nel sou llibro La masonería en Asturias en el siglo XIX, «la llegada a Navia en 1882 de un elemento perturbador, Juan Manrique, trastocó su buena marcha». ¿Quén era este personaxe escuro que fai peligrar el proyecto masónico? Nun lo sabemos, pero debéu esmoler de verdá a Fernández Calzada que, núa carta al Gran Maestre Morayta, ye recordaba feitos d’este tal Manrique.

Tamén vai xugar en contra del proyecto naviego el que daquella se tuvera debatendo a pertenencia a ún ou outro Oriente ou Obediencia, y eso tría á loxa dalgúas disensióis que fixeron qu’ésta entrara en “sonos” de ‘dormir’ (sonos)?], querse dicir, na suspensión temporal dos trabayos. Tamén a lluita del notario naviego contra a “clericalla”, os qu’os masóis chamaban “da capa negra”, ye costara ben disgustos y el pago de 4.000 pts. d’entoncias.

El demáis, como representante da súa loxa ha acudir al Asamblea da Obediencia de 1888 en Madrid quen fora el primeiro Venerable Maestro Pedro Fernández de la Pumariega, qu’acaba por meterse nos trabayos masónicos madrileños, unde lo encontramos entre os anos 1892-1896, dentro da loxa Fraternidad Ibérica. Nesta tamén trabayaba Eduardo Guilmain Abarca[5], que fora nembro da loxa Los Amigos de la Naturaleza y la Humanidad de Xixón. Na loxa madrileña sentábanse nos bancos, según os sous graos y calidades, xente como el músico Tomás Bretón ou el Venerable Maestro Eduardo Caballero de Puga.

A partir d’este ano 1892 nun volve haber novas da loxa naviega.

En xunio de 1892 a loxa Jovellanos de L.luarca, einda en activo, pídeye á súa Obediencia —neste caso al Gran Oriente Español— úa carta patente pra outra formación nova qu’iba llevantar as súas columnas en Navia, tres dos esforzos de Rafael Calzada por manter os ánimos enteros y al orde. Como nun foi quen, ha llevar col sou amigo José Alonso Narciández, simbólico Saladino, un taller novo que coye el nome d’outro lliberal asturiano ben conocido y nembro da primeira masoneiría asturiana: Rafael del Riego.

MIEMBROS DEL TRIANGULO RAFAEL DEL RIEGO NAVIA (1892)
NOMBRE Y APELLIDOS ALCUÑO SIMBÓLICO PROFESIÓN
José Alonso Narciández Saladino Telegrafista
Emiliano Cepeda Navia Abogao
Manuel Fernández Churruca Propietario
Rafael Fernández Calzada Viriato Abogao
José Menéndez Propietario

 

Este é, polo tanto, el panorama dos talleres que se dan entre el Eo y el Navia, peró anque poda pintar qu’é úa presencia pequena, queda muito trabayo por fer y muito que pescudar. Fai falta buscar a presencia de todos estos Fiyos da Viuda[i] dentro del sou ámbito social y cultural, y valorar a súa proyección política y institucional, que tuvo que ser importante namáis botando úa oyuada al mapa xeopolítico da zona

A os nembros da masoneiría chámanyes os Fiyos da Lluz, ou Fiyos da Viuda y tamén os Ermaos tres puntos ou hiramistas.

A dimensión que tuvo a masoneiría na zona coye máis importancia se reparamos na presencia de dalgús francmasones que, anque eran nacidos nestas terras, nun trabayaron por diversas razóis a súa pedra bruta[ii] nas loxas da zona, senón que lo fixeron noutros sitos como Xixón ou Uviéu. Mesmo fora d’Asturias temos trabayando a varios masóis como é el caso del veigueño Augusto Barcia Trelles, Gran Maestre de Gran Oriente Español y Soberano Comendador del Supremo Conseyo del Grao 33º, que tuvo úa importancia capital dentro da masoneiría española y d’ultramar[iii]. Peró nun foi namáis Barcia, senón muitos masóis máis que foron compoñendo a base d’outras loxas como Jerónimo Alvarez Freije, Roque Gayol ou José Iglesias Fernández, de Castropol; Francisco F. Casariego, Luis Méndez Calzada, Demetrio Avello, Manuel Rodriguez, entre outros de Navia; y da zona de Ribadeo, como Francisco Díaz Díaz ou Francisco Caramés Riopedre, nacido en Castropol, criao na villa luguesa y vinculao por vía matrimonial con Tapia


Texto @ Víctor Guerra

[i] A os nembros da masoneiría chámanyes os Fiyos da Lluz, ou Fiyos da Viuda y tamén os Ermaos tres puntos ou hiramistas.
[ii] A pedra na masoneiría representa todas as obras morales y todos os materiales da sabiduría usaos nel trabayo masónico. El trabayo de llabrar a piedra —simbolizando os gremios veyos de canteiría— é un trabajo simbólico de ir trabajando nuestra propia personalidad, ajustándolos a los criterios de equidad, igualdad y fraternidad
[iii] Sobre Barcia xa adelantamos un trabayo nel nº 38 (outubre de 2002) da revista La Vega da Veiga.
Por outro llao, outra aportación fundamental —que fai coyer al occidente asturiano entidá masónica— é a presencia de nacidos d’estas terras nas loxas d’ultramar. Os “americanos” fóronse integrando por úas ou outras razóis na vida masónica de Cuba, Puerto Rico, Venezuela, Arxentina, etc., y con mui distinta proyección social, profesional y mesmamente política.

[1] El templo ou taller masónico é el sito unde trabayan os masóis, espacio singular que pon úa fronteira de separación col mundo profano. Dentro d’él faise a “actividá masónica” espresada cuas que chaman tenidas. Cada Rito incorpora al Templo, según a súa particularidá simbólica, diferentes elementos —ou os mesmos peró repartidos d’outro xeito—, aspecto que vai afectar a os contidos según se trabaye nos graos de: Aprendiz (1º); Compañeiro (2º) ou Maestro (3º).
[2] El Rito Escocés Antiguo y Aceptao é ún dos muitos que se practican dentro da masoneiría, anque é el máis practicao nel mundo. Ta composto por 33 graos.
[3] Úa das distintas Obediencias que se deron en España y na que s’acoyeron dellas loxas.
[4] Cualquer profano aceptao pra formar parte d’úa loxa ten que pasar polas que chaman probas da iniciación, y é desa condo coye el alcuño simbólico, que pode fer referencia a cualquer elemento, personaxe ou cualidá.
[5] Guilmain era parente del famoso Conde d’Aranda (de tempos de Carlos III), qu’hasta hai pouco considerábanlo masón.
[6] A os nembros da masoneiría chámanyes os Fiyos da Lluz, ou Fiyos da Viuda y tamén os Ermaos tres puntos ou hiramistas.
[7] A pedra na masoneiría representa todas as obras morales y todos os materiales da sabiduría usaos nel trabayo masónico. El trabayo de llabrar a piedra —simbolizando os gremios veyos de canteiría— é un trabajo simbólico de ir trabajando nuestra propia personalidad, ajustándolos a los criterios de equidad, igualdad y fraternidad
[8] Sobre Barcia xa adelantamos un trabayo nel nº 38 (outubre de 2002) da revista La Vega da Veiga.

Comentarios

Entradas populares